A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 15 de novembro, ás 11:00 horas, a presentación do Curso 2015-2016 da Escola de Música de Lousame. Unha presentación aberta a toda a veciñanza, especialmente aos interesados en participar nalgunha das modalidades ofertadas pola escola: Música e movemento, Linguaxe musical, Educación Auditiva e Vocal, Teoría da Música e Coro.
As clases de Música e movemento, dirixidas a nenos e nenas entre 3 e 6 anos, serán impartidas por Lorena Núñez, licenciada en psicopedagoxía e diplomada en Educación Social. Os nenos e nenas lousamianos poderán asistir a sesións de psicomotricidade, ritmo, entoación, educación auditiva, relación co grupo e mesmo aulas en inglés.
https://www.youtube.com/watch?v=haJqeABi4V8