A XUNTA pon en marcha a aposta máis forte pola innovación empresarial dende o comezo da crise

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a posta en marcha da terceira convocatoria do programa Conecta Peme como a aposta máis forte pola innovación empresarial levada a cabo pola Xunta desde o comezo da crise. Conde resaltou que esta nova edición da iniciativa de apoio á I+D+i nas pequenas e medianas empresas, que se activará nas vindeiras semanas, busca a participación de consorcios nos que, ademais de centros tecnolóxicos e universidades, participen preto de 200 empresas.
Esta edición, a que conta con máis recursos públicos en apoio á innovación empresarial dos últimos sete anos, suma 25 millóns de euros de apoios para xerar 40 millóns en investimentos, que permitirán poñer en marcha máis de 50 proxectos de innovación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.