O BNG de Ribeira vén de sacar á luz a súa proposta para o investimento de 1.070.000€ no Concello de Ribeira do Plan de Obras e Servizos (POS) e do Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.
Os nacionalistas ve necesaria unha inversión para a mellora da seguridade viaria, e urbana e para a dotación de equipamentos socio culturais e sociais.
Entre as reformas atópanse a ampliación da escola unitaria de Corrubedo por atoparse saturada pola cantidade de actividades que se realizan en dita instalación ou as obras de separación entre a casa da xuventude e o albergue municipal de Ribeira para que ambas instalacións estean fisicamente separadas para que poidan ser empregadas individualmente.
O investimento da Deputación para o concello de Ribeira é de de 1.070.000€.
O BNG DE RIBEIRA saca á luz as súas propostas para o pos e o pas
Please login to join discussion