Un cento de afeccionados á informática participan dende mañá na casa da xuventude de riveira na lan PARTY UXIANET 1.5

A lan party Uxianet alcanza a súa quinta edición esta fin de semana. Ao longo da xornada de mañá irán chegando á Casa da Xuventude de Riveira os afeccionados á informática que quixeron estar presentes para compartir e intercambiar coñecementos sobre tecnoloxías e coñecer outras persoas que se interesan por este apaixonante mundo.

A lan party prolongarase ata o domingo 15 de novembro, co que os usuarios poderán disfrutar da mesma durante 60 horas ininterrompidas nas que incluso poderán pernoitar no albergue de que dispón a Casa da Xuventude.

Gustavo Llovo manifestou que a modo de actividades complementarias o evento dará cabida á celebración de cinco torneos e que, ademais, de forma aberta a calquera afeccionado que desexe asistir con independencia de se está inscrito ou non, tamén se celebrarán charlas.

https://www.youtube.com/watch?v=B6IVF1W0txU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.