Icono del sitio CanalBarbanza.com

Freire Abeijón anuncia dúas actuacións de mellora da pavimentación en Argalo e Roo cunha achega de preto de 100.000 euros da Consellería de Medio Rural

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, reuníronse esta mañá trala visita realizada ao obradoiro de panificación Dubraseda.
O alcalde noiés aproveitou a visita de Miguel Pérez Dubois para agradecer a colaboración da Consellería do Medio Rural nunha serie de actuacións que se van levar a cabo en Noia, concretamente nas parroquias de Argalo e Roo, e outras que xa se levaron a cabo no polígono industrial de Augalevada e que suman máis de 190.000 euros.

Salir de la versión móvil