Ana e Karina, as nenas ucraínas que pasaron en Boiro o verán volveron para desfrutar tamén as vacacións de Nadal. A concelleira de Política Social, Marisa Collazo, recibiunas esta mañá no Concello para desexarlles un feliz ano e darlle uns agasallos.
As dúas chegaron a Boiro desde Ucraína o día 20 de decembro e estarán ata o día 22 de xaneiro para desfrutar aquí das festas. As celebracións son moi distintas ás que teñen no seu país por estas datas, xa que as dúas proceden dunha zona afectada pola catástrofe natural de Chernóbil. As dúas rapazas, de 9 e 15 anos, foron acollidas pola mesma familia que xa as acolleu no verán.
Karina procede dunha familia de sete irmáns e Ana vive nun orfanato en Ucraína. Os estudos médicos estiman que o pouco tempo que pasan en España, con bo clima e boa alimentación, aumenta considerablemente a súa esperanza de vida.