Este venres coñecerase o deseño defiitivo dos postos da planta baixa do novo mercado municipal. Así o asegurou esta mañá o alcalde do municipio, Manuel Ruiz, que terá unha reunión ao final da semana co arquitecto municipal para coñer os novos planos.
Unha vez que se teña coñecemento do deseño, na última semana deste mes levarase a cabo un sorteo dos postos para as placeiras, para que xa no mes de decembro se subasten o resto das prazas.