A festa do comercio volve a boiro este sábado pola noite

O presidente da A.B.E., Óscar España presentou esta mañá a 7ª edición da Noite de Boiro que terá lugar este sábado 14 de novembro.

España destacou que este será o primeiro evento organizado pola ABE tras recibir o centro comercial aberto de Boiro a mención especial nos premios nacionais de comercio 2015 outorgados polo Ministerio de Economía e industria e que son o máximo galardón nacional en materia de comercio.

Nesta edición participarán preto de 40 comercios que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 50 %.

Ademais a A.B.E. realizará un sorteo dun premio de 100 € entre todas as compras do día e terán lugar actividades especiais nos comercios e nas rúas de Boiro durante toda a xornada da festa do comercio de Boiro.

Cabe destacar que grazas á colaboración do concello, este día inaugurarase a iluminación de Nadal, polo que os clientes, veciños e visitantes poderán desfrutar dunha xornada de compras e ocio pola vila boirense coa iluminación de Nadal acendida.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.