A edición número XVIII da Feira do Percebe de Aguiño desenvolveuse con brillantez esta fin de semana de xullo. Nesta edición, houbo importantes novidades, como a ampliación a dous días (sábado 26 e domingo 27), para conseguir que máis visitantes procedentes doutras localidades se animen a pernoctar no municipio coas vantaxes que isto conleva á oferta turística e de aloxamentos do noso contorno.
O recinto abriuse ás 20.30 horas do sábado cunha tapería na que degustar produtos típicos da ría distintos ao percebe, como polbo, empanada ou croquetas, ademais de todo tipo de bebidas. O tramo fial do sábado estivo amenizado cunha orquestra e tamén houbo actividades infantís para os máis pequenos.
Ademais, o sábado foi inaugurado un monumento ás redeiras e foron recoñecidos como percebeiros de honra da Confraría de Aguiño a conselleira do Mar, Rosa Quintana; e o profesor Domènec Biosca, Medalla ao Mérito Turístico do Goberno Estatal e o maior experto nesta materia que hai en España.
http://youtu.be/G41nhkwNfFU