A Xunta destina preto de 17 millóns para consolidar un sistema de I+D+i cara á excelencia e atraer e reter talento en Galicia . Nun primeiro termo, Feijóo explicou que a Administración autonómica destinará case 15 millóns no período 2020-2024 a axudas para os grupos de referencia máis competitivos da I+D+i galega, co fin de seguir dotando o sistema de estabilidade e, ao mesmo tempo, impulsar a súa excelencia.