O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que esta etapa de recuperación económica que afrontamos é consecuencia de ter adoptado as medidas e o rumbo que a situación demandaba. Así o manifestou durante a súa intervención na X Xornada Banco Sabadell de Negocio Internacional.
O mandatario galego sinalou que a Administración, o sector industrial e as entidades financeiras traballaron conxuntamente nos últimos anos, “como elos dunha mesma cadea” para xerar o que se coñece como un “ecosistema facilitador”, un sistema de oportunidades para as empresas do noso país.
Nese senso, destacou que cada vez son máis os indicadores económicos que ratifican ese esforzo conxunto. Así, resaltou que Galicia acumula sete semestres seguidos de crecemento, situándose no 1,8%, que a demanda interna na Comunidade creceu un 2,3% no segundo trimestre, ou que a inversión das empresas aumentou un 7,2%, o mellor dato desde o ano 2007.
https://www.youtube.com/watch?v=wCtgeb_icOI