martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Os pequenos do salustiano rey eiras involúcranse na aprendizaxe da música tradicional galega

O Colexo Salustiano Rey Eiras acolleu esta mañá a primeira das actividades organizadas pola Concellería de Cultura da Pobra para o mes de novembro.
Unha programación que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e que traerá ao municipio gran variedade de actividades pensadas para os máis pequenos.
A primeira delas tivo lugar esta mañá e estivo a cargo da Asociación Cultural Espadana Tradicional. Os pequenos de primaria disfrutaron dun concerto didáctico que levaba por título “O Gaiteiro Cabezudo”.
Tratouse dun dúo formado polo gaiteiro, Manuel Viqueira e un cabezudo que ofreceron un divertido concertó didáctico onde trataron de achegar a música tradicional e os instrumentos ao público. Tamén cantaron pezas representativas de cada zona de fiferentes zonas de Galicia.
A seguinte actividade terá lugar o día 13 de novembro para o alumnado do Colexio Pilar Maestú Sierra, esta vez serán os pequenos da Unitaria do Campo Angustia, quenes poderán disfrutar co espectáculo “Jiñol” da Compañía Trompicallo. Esta divertidísima historia de títeres de luva leva feita máis de 400 representacións por todo o Estado. A obra representarase no Colexio de Cadreche.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.