Icono del sitio CanalBarbanza.com

O selo gastronómico Km 0 MarGalaica-Ría de Muros Noia identifica os restaurantes que ofrecen produtos do mar de Galicia descargados nos portos e lonxas da contorna

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou a importancia de diferenciar os produtos do mar de Galicia mediante marcas e selos de calidade para que acaden os prezos que lles corresponden no mercado e así aumenten os ingresos dos profesionais do sector. A representante da Xunta incidiu neste aspecto durante a presentación do selo gastronómico Km 0 MarGalaica-Ría de Muros Noia, promovido polo grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible e que identifica os restaurantes que ofrecen produtos do mar de Galicia descargados nos portos e lonxas da contorna, a menos de 100 quilómetros de distancia.

Salir de la versión móvil