Darío Otero Pampín e Alba Baamonde Otero gañan o I Duatlón Cross de Lousame, organizado polo Club BTT O Treito

O corredor compostelán Darío Otero Pampín (Team Corbelo) e a atleta noiesa Alba Baamonde Otero (Coffee Times Noiés) foron os gañadores do I Duatlón Cross de Lousame, celebrado este domingo e organizado polo Club BTT O Treito. Unha proba na que participaron un total de 150 atletas, que afrontaron 9 quilómetros de carreira a pe e outros 18 en bicicleta con saída e chegada en Aldeagrande (Lousame).

A proba foi dominada de principio a fin por Darío Otero, que se impuxo nos tres tramos (carreira, bicicleta e carreira), marcando un tempo final de 1 hora, 43 minutos e 30 segundos. A un minuto exacto entrou o segundo clasificado, David Calzas Insua (independente) e a 2 minutos e 31 segundos completou o podio Bruno Pérez Fernández, tamén do Team Corbelo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.