Máis de 600 veciños do municipio principiarán este luns un novo curso dos obradoiros incardinados no Programa de Dinamización Social dos nosos Maiores: unha iniciativa promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Ribeira que integrará catro tipos de talleres e involucrará ás nove parroquias.
Os obradoiros de estimulación cognitiva terán lugar nas nove parroquias do concello, distribuídos en 15 grupos: 4 en Santa Uxía, 2 en Palmeira e 1 en cada unha do resto parroquias.
Así mesmo, haberá ximnasia de mantemento en Ribeira, Aguiño, Palmeira, Corrubedo e Artes. Cabe a posibilidade de ampliar esta actividade a calquera das demais parroquias sempre que haxa quorum suficiente.
Unha terceira acción son os cursos de galego centralizados en Ribeira e, por último, Santa Uxía, Aguiño, Palmeira e Oleiros darán cabida a obradoiros de reforzo educativo.
https://www.youtube.com/watch?v=yIh5AKZ6H84