A Xunta pon a disposición dos emprendedores a posibilidade de adquirir solo industrial nas mellores condicións, mediante a concesión de dereitos de superficie

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta vai poñer a disposición dos emprendedores a posibilidade de adquirir solo industrial máis accesible, mediante a concesión de dereitos de superficie.
Como explicou, isto significa poñer solo industrial a disposición de todas aquelas empresas interesadas en instalarse en Galicia e nas mellores condicións que o mercado poida ofrecer, sen necesidade de realizar un investimento na adquisición do mesmo. Isto é, en réxime de dereito de superficie cun canon anual desde 38 céntimos por metro cadrado.
Deste xeito, como matizou o titular da Xunta, os adxudicatarios dos dereitos de superficie poderán construír as instalacións necesarias e desenvolver o seu proxecto empresarial nas parcelas que lles correspondan a cambio dun canon anual, equivalente a unha porcentaxe do prezo de venda da parcela, e que será un mínimo de 38 céntimos ao ano por metro cadrado e un máximo de 2,28 euros ao ano por metro cadrado. As parcelas continuarán sendo propiedade da Administración.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.