O conselleiro de sanidade terá a última palabra sobre a construcción do CENTRO DE SAÚDE DA POBRA

O auditorio municipal da Pobra foi escenario na noite de onte dunha asamblea consultiva que reuniu diferentes colectivos do municipio para falar sobre o futuro do centro de saúde.

Unha cita á que tamén acdiron os partidos da oposición, en excepción do bloque nacionalista que non fixo acto de presenza.

Neste encontro baralláronse tres posibilidades.

O plan inicial do equipo de goberno consistía en levar a cabo as obras para a mellora das deficiencias do actual centro de saúde que permita atender ás necesidades dos veciños durante un período de dous anos, o tempo que tardaría en ver a luz o novo centro que estaría situado no casco urbano, nun solar moi preto da praza de Galicia, unha zona na que sería posible xerar novas prazas de aparcamento e que foi apoiada polos aparelladores e arquitectos municipais e en xeral pola maior parte do conxunto dos presentes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.