CC.OO presenta as súas propostas por un cambio que reforce a democracia e a protección social

O sindicato CC.OO vén de presentar a súa proposta, na capital do Barbanza, para un modelo máis democrático de relacións laborais e cambio na política económica e social.
Aseguran que se trata dunha iniciativa necesaria despois das cifras que deixa o goberno do PP cunha taxa de paro do 23% e un total de 222,000 persoas desempregadas en Galicia.

Jose Manuel Sánchez, secretario xeral de CC.OO de Galicia fala dunha reforma fiscal co fin de cambiar as políticas económicas e sociais.

A proposta sindical componse de sete puntos.

O primeiro deles, un plan de choque e maior protección contra o desemprego.

Recuperar a causalidade da contratación temporal e acadar un marco máis equilibrado e democrático das relacións laborais.

Recuperar e mellorar o poder de compra dos salarios.

Chegar a unha sostibilidade e revalorización das pensións.

Mellorar a protección social e loitar contra a exclusión.

Mellorar o tecido empresarial.

Dende o sindicato chaman a participar á cidadanía na manifestación que terá lugar o día 7 deste mes en Madrid a prol de acadar medidas de protección para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.