O BNG-AA denuncia o uso perverso da participación cidadá e da transparencia polo GOBERNO DA POBRA

O portavoz do BNG, Ramiro Ouviña, manifestou que o goberno municipal da Pobra está facendo un uso perverso da desexada participación cidadá nos asuntos municipais e da transparencia na xestión municipal.
Ramiro Ouviña declarou que é este un goberno que non informa aos grupos da corporación dos asuntos que interesan ao concello; que non mantén as Xuntas de Goberno Local regulamentarias (fixo dúas sobre nove) e non entrega actas das xuntas feitas; que non entrega ou o fai con retraso as actas do pleno e que non contesta en tempo e forma as preguntas feitas polos grupos da oposición.
Esta é unha actitude que o BNG considera inconcibíbel cando o goberno municipal está constituído por só 4 nunha corporación de 13 concelleiros e isto non axuda a que, como o BNG-AA vén manifestando publicamente, se procuren maiorías para levar a cabo proxectos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.