Trinta mulleres aprenderon sobre servizo doméstico nun curso ofrecido en RIBEIRA pola FUNDACIÓN HUMANISMO E DEMOCRACIA

A Fundación Humanismo e Democracia (H+D ONG) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ribeira e co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade acaba de completar no noso municipio un curso gratuíto de formación básica para persoas empregadas no servizo doméstico no que participaron un total de 30 mulleres.

A entrega de diplomas contou coa participación da concelleira de Servizos Sociais e Promoción Social, Esther Patiño, ademais da orientadora laboral da Fundación Humanismo e Democracia, Eva Paz. De coordinadora da iniciativa actuou a coordinadora desta ONG, Lucía Maquieira.

De 30 horas de duración, o curso celebrouse nas aulas formativas de Servizos Sociais e estivo impartido pola docente Blanca Álvarez, quen lles aprendeu ás alumnas como acometer os labores de limpeza da casa, lavado, secado e pranchado de prendas, etc., incidindo en aspectos como o coidado dos pequenos e de persoas maiores.

Tamén incluiu un módulo de orientación laboral básica e asesoramento xurídico sobre o réxime laboral de empregadas de fogar: xornada laboral, vacacións, permisos, cotizacións, etc…

https://www.youtube.com/watch?v=Lv-rmNu2YPA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.