GARDA CIVIL retomará esta semana a busca in situ de MANUELA LORENZO, septuaxenaria desaparecida en BEALO no mes de xullo

A Policía Xudicial do Grupo de Persoas da Garda Civil da Coruña retomará esta semana
a busca de Manuela Lorenzo, veciña de Bealo desaparecida o pasado día 25 de xullo.
A investigación sobre a súa desaparición non se deu por finalizada en ningún momento.
As semanas seguintes do ocorrido activouse un amplo protocolo de busca que se encargou de pratullar as inmediacións deste lugar de boiro. Dende o primeriro día un gran dispositivo de busca comezou a súa procura. Cans de protección civil e da garda civil chegados de Madrid rastrearon as inmediacións durante días, pero ninguén anunciou a súa aparición.
Nos próximos días a Garda Civil volverase reunir para planificar un segundo asalto ao lugar de Bealo e retomar de novo a busca in situ. Familiares e amigos de Manuela están ao tanto da investigación. A zona de rastreo será ampliada e inspeccionada nos vindeiros días.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.