Os socialistas de Boiro denuncian as declaracións feiras polo alcalde do municipio, Juan José Dieste, e foro publicadas no medio La Voz de Galicia onde fala sobre o viveiro de empresas e a escola de hostalaría que este concello posúe.
Maneiro asegura que Dieste pretende tirar o viveiro de empresas. Unha infraestructura que custou 2 millóns de euros e que no seu día contou cun premio a nivel nacional.
Nas mesmas declaracións o alcalde asegura que a escola de hostalaría que Boiro non esta preparada e non pode afrontar o gasto dun ciclo formativo de estas características.
Os socialistas lembraron o que eles consideran fallos na xestión de Dieste como a actuación do novo mirador en Barraña ou a falta de accesibilidade ai muro da Magdalena. Tamén denuncia o mal estado las infraetsructuras que compoñen o parque biosaudable.