Traballadores do Hospital de Barbanza e veciños da comarca e a súa zona reuníronse de novo ás portas do centro para mostrar o seu apoio aos profesionais do Álvaro Cunqueiro. A concentración, convocada polos sindicatos, quería denunciar as malas condicións nas que está traballando o persoal do novo hospital olívico.
Á súa vez, aproveitaron para reivindicar a importancia dunha sanidade pública e universal como garantía de servizo fundamental para a cidadanía.
Marian Rodríguez mostrou a súa preocupación polo que esta a suceder pero sobre todo porque este sistema comece a xeralizarse nos novos centros.