A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte co apoio da Deputación da Coruña organiza a I edición de Arousa Norte + Q tapas, unha ruta de tapas que terá lugar nos catro concellos da Mancomunidade (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira) nas fins de semana, venres incluído, dende o 30 de outubro ata o 29 de novembro, realizándose simultaneamente nos catros concellos.
Esta acción está contemplada como unha iniciativa de promoción turística e cultural centrada na gastronomía que ofrece Arousa Norte en base a produtos de tempada. A finalidade é atraer, sorprender e fidelizar ao consumidor final.