FEIJÓO salienta que galicia é a comunidade coas deducións fiscais máis altas de españa para as familias que contan con nenas e nenos de entre 1 e 3 anos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que Galicia é a Comunidade Autónoma coas deducións fiscais máis altas de España para favorecer a natalidade; é dicir, para as familias que contan con nenos e nenas de entre 1 e 3 anos. Segundo dixo, o Goberno galego está plenamente comprometido coas familias que queren ter fillos para que Galicia sexa “o lugar máis doado para ter fillos, tanto desde o punto de vista fiscal, como desde o punto de vista da axuda directa e dos servizos públicos”.

Na súa intervención no Pleno da Cámara galega, Feijóo subliñou o compromiso do Goberno galego coas políticas de natalidade; con medidas como a posta en marcha do bono de gardería, o coidador no rural ou a tarxeta familiar. Ademais, destacou que se incrementaron nun 71% as prazas en escolas infantís públicas e se activaron axudas para o transporte público ou a vivenda para as familias que máis o precisan.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.