FEIJÓO afirma que a iluminación da ponte sobre a RÍA DE NOIA faina máis util e reforza a súa condición de emblema “A 25 MINUTOS DA CATEDRAL DE SANTIAGO”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a iluminación da ponte sobre a ría de Noia, que estreou esta tarde, faina máis útil para a cidadanía e reforza a súa condición de emblema “a 25 minutos da Catedral de Santiago”. Grazas ao novo sistema de luces, que dá resposta á demanda dos veciños, poderase transitar por ela nas máximas condicións de seguridade e comodidade, tanto de día como de noite.
Tanto a ponte sobre a ría como a Variante de Noia son infraestruturas que gozaron de prioridade nos orzamentos da Xunta, mesmo en época de crise. A este respecto, o presidente galego lembrou que “a sensibilidade do Goberno con Noia e con este ría mídese nos momentos de maior dificultade”, cun investimento total de 250 millóns de euros, 50 deles para a ponte. Grazas a esta achega, logrouse vertebrar unha franxa do litoral galego na que residen case 25.000 persoas e reforzar a competitividade de comarca e o seu atractivo turístico, desconxestionando o tráfico de Noia cara a Santiago e cara a Porto do Son. Isto supuxo un beneficio para os condutores dos 6.000 coches que transitan pola zona cada día, cifra que aumenta nas xornadas de verán.

https://www.youtube.com/watch?v=XQLhSE0CSi8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.