Un pleno sen controversias e cun ambiente relaxado foi o que tivo lugar onte na casa consistorial de Ribeira e no que se trataron máis de vinte puntos de interese municipal.
Dende a ordenanza reguladora do Viveiro de empresas ata a proposición do BNG para a defensa das reclamacións dos mariños Galegos agrupados na asociación Longhope. Tódolos puntos foron aprobados por unanimidade excepto un, a contratación de servizos monitorados para as actividades deportivas organizadas polo concello. Un tema que queda emplazado para o vindeiro pleno e onde se tratará de levar a cab a súa aprobación.
https://www.youtube.com/watch?v=3C1sJCKf4Ic