Sin categoría

Comezan as reunións dos obradoiros de memoria de LOUSAME

O Concello de Lousame vén de iniciar a decimoterceira edición dos seus Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos do municipio a través da realización de actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Unhas sesións que teñen lugar nos distintos locais sociais das parroquias e que son impartidos por persoal dos Servizos Sociais do Concello de Lousame.

A participación nos obradoiros é totalmente de balde e está aberta durante todo o cursona actualidade aínda quedan prazas dispoñibles nas localidades de Escabia, Lesende e Vilacoba. Os obradoiros están incluídos dentro do Programa de Dinamización de Persoas Maiores, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

Salir de la versión móvil