Abre o prazo de inscrición nun novo curso de pilates no CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

A Concellería de Deportes do Concello de Riveira porá en marcha, a partir do 24 de novembro, un curso de pilates no Centro Social de Oleiros. As clases terán lugar os martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas. O custe da actividade será de 16,48€/ mes.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse ou solicitar máis información na Oficina de Deportes do Concello de Riveira, situada no Complexo Deportivo A Fieiteira

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.