UN home resultou ferido nun aparatoso accidente na saída de RIBEIRA en dirección PORTO DO SON

Recibimos un aviso de CAE 112 alertándonos dun accidente de tráfico na
estrada AC550, Pk 104 dirección Porto do Son, a uns 300 metros antes da glorieta do
Hospital da Barbanza. A información facilitada indicábanos que se trataba dun
accidente de tráfico entre dous vehículos, un turismo e un camión, e con posibilidade
de víctimas atrapadas nos vehículos.
De inmediato nos diriximos ao lugar indicado anteriormente e, una vez que
chegamos, puidemos comprobar que se trataba dun accidente de tráfico sen ninguén
atrapado nos vehículos, polo que atendemos ao conductor ferido do vehículo turismo e
continuamos colaborando co persoal da ambulancia do 061 no que foi trasladado ata o
Hospital da Barbanza.
Unha vez confirmado que non había ningún ferido máis no accidente
esperamos ata que Atestados da Garda Civil rematou de facer as súas tarefas para
continuar co traslado de ambolos vehículos por cada seu guindastre, un deles especial
para o traslado de camións e, finalmente puidemos recoller os restos de plasticos e
carroceria dos vehículos implicados así como baldear toda a zona afectada polo
accidente ata deixar a estrada en condicións seguras para a circulación, rematando a
nosa intervención ás 14:30 horas.
O tráfico que se dirixía hacia Ribeira tivo que ser desviado parcialmente na
glorieta do Hospital durante aproximadamente 1 hora ata que se puido retirar un dos
dous vehículos sinistrados

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.