O BNG presenta enmendas para que asociacións e colectivos veciñais sexan os protagonistas da política municipal

O BNG estivo reuníndose con persoal técnico de Servizos sociais e plataformas sociais como Stop-Desafiuzamentos durante as últimas semanas co fin de mellorar a Ordenanza de Inclusión Social. Esta ordenanza contempla medidas propostas polo BNG tales como a creación dunha bolsa de vivenda para emerxencia social e tamén a mellora nunha tarxeta moedeiro para casos de asistencia urxente.
No tocante ao Regulamento de Participación cidadá, veñen de presentar dúas emendas coas que pretenden mellorar os dereitos das asociacións e colectivos á información pública e ao uso dos bens municipais.
Por outra banda o BNG busca rebaixar o número mínimo de sinaturas para que as iniciativas veciñais sexan incluídas na orde do día dos plenos municipais, de aí que propoñen o 10% e non o 15% do censo.
Dende o bng asambleas abertas aseguran que van loitar ata conseguir que os representantes veciñais poidan intervir directamente e blindar os dereitos das asociacións e colectivos veciñais para que sexan os verdadeiros protagonistas da política municipal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.