Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago informaron esta mañá da imputación dun veciño de Porto do Son como presunto autor dun incendio forestal neste concello coruñés.
O lume que se lle imputa orixinouse o pasado xoves, 20 de outubro , no lugar de Rial, parroquia de San Pedro de Muro, do Concello de Porto do Son (A Coruña) , e foi producido como consecuencia da realización de varias queimas de restos forestais, para as cales non contaba coa preceptiva comunicación á Consellería do Medio Rural e nas que non se adoptaron as medidas regulamentarias preceptivas de seguridade para a súa realización, e que afectou a 11.400 metros cadrados de arborado forestal.
Para a investigación e extinción do lume contouse coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) do Distrito Forestal IV, do Barbanza, da Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia.
Polos feitos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funciones de Garda de Noia. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 67 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.
https://www.youtube.com/watch?v=K5B1YvqofnU