O programa aurora desenvolvido no CONCELLO DE LOUSAME péchase cunha incorporación laboral de máis do 61% das súas participantes

Máis o 61% das veciñas de Lousame que participaron no Programa Aurora accederon a un posto de traballo e 18 das 23 participantes iniciais acadaron o seu diploma de aproveitamento, que lles será entregado no acto de clausura do curso que terá lugar o próximo 31 de outubro no salón de plenos do Concello de Lousame. O Programa Aurora desenvolveuse en coordinación co Instituto da Muller e foi cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, amosa a súa satisfacción polo elevado índice de inserción laboral acadado xa que “son veciñas que aproveitaron esta gran oportunidade, que foron conscientes de que á casa non van vir traernos o traballo e que a mellor forma de acceder ao mundo laboral é seguir formándose”. Villaverde Pais destacou que “somos o único concello da provincia que accedeu a este programa e podemos dicir que serviu para favorecer a inserción laboral das nosas veciñas”.

https://www.youtube.com/watch?v=2bVjkZ1Fahg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.