A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou que a Xunta e o Goberno Central traballan para conseguir maiores posibilidades de pesca para a frota. Neste sentido, sinalou que dende o 2009 as cotas das especies obxectivo do cerco (xarda, xurelo e anchoa) subiron nun 52%. Sinalouno trala xuntanza que mantivo na tarde de onte con representantes da Asociación de armadores do cerco da Comunidade Autónoma de Galicia, Acerga, para analizar a súa situación e a xestión das posibilidades de pesca realizada por este sector.
En relación a Acerga, Rosa Quintana amosou a disposición da Xunta para estudar “como se pode axudar aos barcos a facer unha boa xestión dos recursos dos que dispoñen”.
Pola súa banda os representantes do cerco de Galicia xa non depositaran demasiadas esperanzas na reunión coa conselleira do Mar, así que a decepción coa saíron do encontro estivo acorde coas expectativas.
O presidente de ACERGA relataba hai uns días a crónica dunha decepción anticipada.
E por isto que se Madrid non soluciona a fatla de cota o cerco viaxará a Bruxelas.
Na reunión Rosa Quintana lembrou que hai dous anos o sector participou neste reparto entre todas as comunidades e sinalou que os criterios foron aprobados e consensuados con todos os representantes do sector.
https://www.youtube.com/watch?v=l7bSdTMyJhQ