O BNG pide saneamento para a zona de OUXO CADRECHE e a mellora na accesibilidade de camiños

O BNG da Pobra do Caramiñal vén de presentar unha serie de propostas que consideran imprescindibles para a vida do Concello e que se poderían desenvolver grazas aos orzamentos que a Deputación da Coruña vai destinar para o Plan de Acción Social e o Plan de Obras e Servizos.
O primeiro deles contará cun presuposto superior a 275.000 euros e o segundo achegarase aos 203.000 euros.
En relación ao Plan de Acción Social, o portavoz do BNG, Ramiro Ouviña, ve necesaria a mellora na accesibilidade aos muíños de Pontebarbanza así como a protección do parque da Treixadura do Lagar.

https://www.youtube.com/watch?v=puid3iJPJco

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.