Ven de presentarse no Salón de Plenos do Concello a Regata de Piragüismo
Banco Sabadell Gallego, organizada polo Club Piragüismo Rianxo coa
colaboración do Concello de Rianxo e o patrocinio do Banco Sabadell Gallego.
A regata celebraras este sábado, 24 de outubro, en Rianxo. Pola mañá
disputaranse as probas das categorías de base (ata cadete) e pola tarde
haberá competición de kayak de mar para as categorías xuvenil e
posteriores.
David Alcalde explicou que a proba ten un dobre obxectivo: un primeiro
deportivo, programando un evento nunha fase do calendario no que
escasean as regatas e, e un segundo de carácter turístico, xa que haberá
actividades paralelas para que a xente se quede Rianxo durante toda a
xornada (música con Dj, inchables, pulpería…).