Os hostaleiros do barbanza desconfían dun bo peche de ano ante a incerteza da campaña de nadal

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentou o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao terceiro trimestre de 2015, realizado a través de enquisas a 1.030 empresas dos municipios de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son.

A tendencia negativa nos índices de situación e expectativas esténdese aos sectores da industria, construción, comercio e outros servizos. Só a hostalería, cunha confianza empresarial situada nos 8 puntos, consegue manter unha posición optimista sobre os resultados empresariais do trimestre actual, aínda que contrasta cunhas expectativas de peche de ano moi pesimistas que alcanzan os –13,8 puntos. Ao analizar polo miúdo as enquisas do informe, a Antena Local de Boiro conclúe que os hosteleiros barbanzás non aspiran a ter bos resultados a finais de ano tras a experiencia fallida de 2014, cando as comidas e cenas de Nadal non cumpriron os resultados previstos.
https://www.youtube.com/watch?v=nDezuvxKfC0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.