Ante as acusacións que Gardacostas fixo públicas fai unha semana sobre o depósito de Aguiño onde aseguraba que se está a ejercer o furtivismo organizado, o patrón maior da Cofradía, Jose Antonio Santamaría, asegura que a maioría dos mariscadores traballan de xeito honrado e incide en que o servizo de gardacostas non volveu incautar nada dende o mes de xuño.
Santamaría cre firmemente que a seguridade no mar é suficiente e que os vixiantes da propia cofradía están a desenvolver o seu traballo religiosamente cada día.
O patrón maior valora positivamente o traballo de vixianza por parte da cofradía e por gardacostas e incide na importancia de que todo o pesa da lei recaia sobre os implicados.
Esta mesma mañá tres vixiantes estaban a controlar o produto que chegaba do mar. Un deles agardaba aos mariscadores na lonxa, o outro ia por mar e o terceiro viciaba as inmediacións de corrubedo cando a marea estaba baixa.