Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe as obras de execución dunha senda peonil na estrada Padrón – Ribeira (AC-305), no núcleo de Cancela Abrea, no Concello de Dodro.
Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordóñez S.A, teñen un prazo de execución dun mes aproximadamente. Cabe citar que este proxecto, cun orzamento de 30.000 euros, será cofinanciado con Fondos Feder.
A estrada AC-305, que se desenvolve polo termo municipal de Dodro, ten unha beiravía de ancho reducido, o que dificulta o tránsito de peóns. Co fin de mellorar as condicións actuais da rede viaria preténdese realizar estas accións de mellora.