Empresarios con débedas tributarias de ata 30.000 euros poderán aprazar pagamentos sen aval

Os contribuíntes con débedas tributarias de ata 30.000 euros poderán acollerse ao adiamento do pagamento con Facenda sen a necesidade de achegar garantías. O límite estaba ata agora en 18.000 euros e a súa subida supón un novo alivio fiscal para as pemes e os autónomos, que son quen na súa gran maioría adoitan demandar moratorias para abonar impostos como o IVE ou sociedades. Facenda publicará nos próximos días a nova orde no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A Axencia Tributaria recibiu nos últimos anos máis de 25.000 solicitudes anuais de adiamentos de débedas situadas entre os 18.000 e os 30.000 euros: só entre o 2011 e o 2014, o importe que agora quedaría exento sumou 2.500 millóns de euros.

https://www.youtube.com/watch?v=1sagx3xfFIk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.