A consellería de cultura e educación convocará unha oferta de emprego público de máis de mil prazas en infantil, primaria, secundaria e fp

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará no 2016 unha oferta de emprego público (OPE) de máis de 1000 prazas para ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional, co fin de mellorar a estabilidade do corpo docente, que xa conta neste momento en Galicia coa taxa de interinidade máis baixa de todo o Estado. Así o explicou esta mañá no Parlamento autonómico o titular do departamento, Román Rodríguez, nunha comparecencia na que debullou os orzamentos da Consellería para o vindeiro ano 2016.

Esta medida, segundo indicou Román Rodríguez, é posible grazas ao incremento da taxa de reposición ata o 100%, tal e como solicitara a Consellería en numerosas ocasións ao Goberno central.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.