BOIRO ABERTO acada unha mención especial nos premios nacionais de comercio 2015

A ABE, e en concreto o seu Centro Comercial Aberto, BOIRO ABERTO CCU, están de noraboa xa que veñen de ser distinguidos polo Ministerio de Economía e Industria do Goberno de España cunha MENCIÓN ESPECIAL nos premios nacionais de comercio 2015 no apartado de centros comerciais abertos.

A entrega desta mencións especial realizarase no salón de actos do Ministerio de Economía e Competitividade situado no Paseo da Castellana, Madrid, o vindeiro martes 27, ao que asistirán en representación de Boiro Aberto o seu presidente Óscar España e o Xerente, Tomás Estévez.

O acto será presidido polo Secretario de Estado de Comercio, D. Jaime García-Legaz Ponce, máxima autoridade a nivel nacional en materia comercial.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.