Máis de 200 embarcacións saíron esta mañá ao mar no primeiro día de campaña de marisqueo de Ribeira.
Un xornada de bastante traballo pero que deu os seus froitos. Arredor de catro horas foron as que os mariscadores de a flote necesitaron para acadar o tope de ameixa que se situaba en 10 kg por tripulante. A maioría deles foron capaces de acadar o cupo. Os resultados foron ben valorados pola cofradía que será quen de manter a súa facturación se a campaña consigue ser boa ata decembro.
Nas inmediacións da lonxa respirábase Ledicia, se ben tamén é certo que había bastante incertidume.
Algúns mariscadores cren que poderán acadar os topes por pouco tempo.
Sen membargo hai que é máis positivo e ve posible que a colleita se prolongue ata o Nadal.
As zonas de Traballo están a ser a Insua, para a maioría das embarcacións e a zona do Coros osó para algunhas.
Castiñeiras, o Touro e Airoa serán as encargadas de salvar a campaña de decembro.
O tamaño foi bastante bo.
E que dicir dos prezos…