As xornadas micolóxicas volven esta fin de semana a PORTO DO SON E A BOIRO

Chega a Porto do son a V edición das xornadas micolóxicas. Un evento que terá lugar esta fin de semana e que como novidade e froito da gran demanda de persoas interesadas se prolongará un día máis. O sábado celebrarase en Portosín. Dará comezo cunha conferencia para a iniciacións que virá da man de Jesús parada, gran coñecedor dos cogomelos na comarca.

A partir das 13 terá lugar a degustación de tapas nunha rutaa través dos locais que participan.

O domingo as xornadas continuarán en Porto do Son. A conferencia dará comezo á mesma hora e tera lugar no centro de interpretacion do castro de baroña, impartida tamén por jesus parada esta cita esta pensada para aqueles que queiran profundizar un pouco mais no mundo da micoloxia.
A incrición é de balde e poderase facer ata o venres 23 ás 14.00 chamando ao numero 981867412 ou ben 686568584.

En Boiro tamén retornan as xornadas micolóxicas e, ao igual que en Porto do Son, farano por dous días.
Logo do éxito que tiveron o ano pasado, Turismo de Boiro volve a organizar unhas Xornadas Micolóxicas. O venres, 23 de outubro, Saúl de la Peña Lastra impartirá unha charla de iniciación e o sábado, 24 realizarase unha saída para recoller cogomelos. Os interesados poderán solicitar info na Oficina de Turismo de do concello.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.