A UCGAL levará a cabo un taller formativo sobre consumo e aforro da electricidade en RIBEIRA

Unión de Consumidores de Galicia deu comezo a unha serie de actividades formativas sobre consumo e aforro da electricidade que levará aos técnicos desta organización a visitar distintas localidades galegas. Este martes, 20 de outubro, Ribeira acollerá un destes talleres formativos sobre a subministración eléctrica. A actividade, na que colabora o Concello da vila, celebrarase na Casa da Xuventude, ás 19:30 horas.

Nestes talleres, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, a substitución dos contadores analóxicos polos contadores dixitais, a potencia contratada e a nova tarifa da luz por horas que tanta confusión xera.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.