A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou o compromiso da Xunta de traballar en favor dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro e que esa aposta se plasma nos orzamentos do seu departamento para o próximo ano, que soben ata rozar os 167 millóns de euros.
Entre as actuacións que Portos de Galicia ten previsto desenvolver en 2020 están o remate dos pantaláns de bateeiros en Cabo de Cruz, a reordenación interior de Ribeira, a construción de novos departamentos para usuarios no porto de Rianxo ou a remodelación do bordo portuario de Porto do Son.