Esta mesma semana o Concello de Ribeira recepcionou as obras do Viveiro de Empresas e o vindeiro luns será levada ao pleno da Corporación a ordenanza reguladora desta infraestrutura, construída co fin de contribuír á creación de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial de Ribeira e permitan xerar riqueza e emprego na localidade.
O servizo fundaméntase en ofrecer, a través dun réxime de aluguer temporal, un espazo físico equipado para o funcionamento do negocio e unhas instalacións comúns.
De acordo coa normativa, poderán ser beneficiarios as empresas que comecen a súa actividade no propio viveiro, as de recente creación, as empresas xa constituídas cunha antigüidade superior aos 24 meses e os emprendedores que precisen un espazo adecuado para estudar e preparar o seu proxecto.
https://www.youtube.com/watch?v=OwHQhLkJfQY