GALIZA NOVA celebrará o magosto na capital do barbanza o sábado día 17

A organización xuvenil do BNG Galiza Nova vén de presentar o magosto nacional popular que baixo o lema Baila, Loita para mudalo todo! terá lugar o vindeiro sábado día 17 ás 20.00 horas na praza do Concello e onde vai actuar o grupo local “Espazo en branco”. Haberá festa e foliada ata a medianoite.

Un evento que se ven realizando dende fai catro anos ao longo de toda a bisbarra e que por primeira vez vai aterrar na capital do Barbanza.

Dende a organización aseguran que a vindeira actividade terá lugar no mes de novembro e será en Boiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.