jueves, septiembre 28, 2023

Licitada en Ribeira a instalación dun sistema de cartelería dixital para proporcionar información de eventos, municipal e turística na cidade

O Concello de Ribeira achegará a información ao cidadán a través dun sistema de cartelería dixital que se ven de licitar. Grazas estes seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores ofrecerase información relevante sobre eventos, municipal e turística de interese para a cidadania.

Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Riveira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.