O BOP publica con data do 21 a convocatoria pública de subvencións do Concello de Lousame a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de tipo cultural, deportivo ou de ocio no termo municipal. Unha convocatoria á que o Concello de Lousame destina un total de 19.500 euros e que poderán solicitarse ata o vindeiro 10 de novembro.